981 154 080 visitas@edarbens.es

Como colaborar?

aceite-ilustracion-1

Garda o aceite usado. Calquera recipiente que quede baleiro en casa pode ser reutilizado para este fin (preferiblemente botellas de plástico de auga ou refrescos). É importante agardar a que arrefríe o aceite antes de vertelo no envase e pechalo.

aceite-ilustracion-2

Só vale o aceite de orixe vexetal usado para fritir (aceite de xirasol, oliva, soia…) ou de latas de conserva. NON uses recipientes de vidrio e evita verter sustancias sólidas no envase. NON o mestures con aceites minerais de uso industrial (como o empregado para coches).

aceite-ilustracion-3

Leva o envase ao colector máis achegado cando esté case cheo. Infórmate da rede de puntos de recollida no noso mapa interactivo. Os envases de aceite usado tamén se reciclan, evitando así a creación de novos envases específicos para o reciclado de aceite.

Hostalería

Unha das pezas máis importantes na xestión do aceite vexetal usado son os establecementos hostaleiros, onde se manexan grandes cantidades de aceite que, mal xestionado ou sen o tratamento axeitado, poden converterse nunha importante fonte de contaminación. Por este motivo, os establecementos deste tipo contan en case todas as poboacións con depósitos adecuados ás súas necesidades onde almacenar o aceite inservible, que despois é recollido por unha empresa autorizada, que o transporta ao lugar de tratamento.

como_colaborar_hosteleria_1

Aceite mineral

O aceite industrial, ao ter diferentes compoñentes que o empregado en fogares ou restaurantes, conta co seu propio proceso de recuperación. Neste ámbito falamos, principalmente, do aceite utilizado nos vehículos ou en maquinaria industrial. O aceite usado é recollido en talleres de automoción e instalacións industriais, onde debe ser debidamente almacenado e etiquetado conforme á normativa vixente. Unha vez retirado o residuo dos puntos de xeración é enviado a centros de almacenamento temporal ou centros de transferencia.

Máis información: Sigaus

como_colaborar_aceite_industrial_1