981 154 080 visitas@edarbens.es

Por que reciclar?

Por que reciclar?

O aceite de oliva ou de sementes que usamos na casa degrádase ao calentalo e forma compostos tóxicos prexudiciais, contaminantes e difíciles de eliminar no proceso de depuración de augas residuais que realiza Edar Bens SA. NUNCA debemos desfacernos do aceite usado verténdoo pola pía ou o inodoro.

O aceite é un dos produtos máis contaminantes que existen e pode producir graves danos nos ecosistemas. Se nos desfacemos do aceite usado en casa de xeito correcto:

  • Evitaremos obstrucións nas tubaxes. Os aceites usados, ao unirse con restos de deterxentes e xabóns, forman bólas de graxa que atascan os colectores.
  • Impediremos a proliferación de bacterias e malos olores.
  • Faremos máis eficaz a depuración de augas residuais.
  • Colaboraremos na reciclaxe dun residuo para convertelo en biocombustible.
  • Apoiaremos unha iniciativa medioambiental e social no noso municipio.

Os establecementos de hostalería, que manexan cantidades moi grandes de aceite, contan con depósitos axeitados onde almacenalo para a súa recollida por empresas autorizadas que o transportan ao lugar de tratamento.

por_que_reciclar_2
por_que_reciclar_1