981 154 080 visitas@edarbens.es

Usos do aceite reciclado

Usos do aceite reciclado

As graxas e aceites, así como as súas diversas fraccións, ofrecen multitude de aplicacións no sector industrial, ademais de beneficios económicos e medioambientais.

  • Agricultura: compostaxe.
  • Industria: lubricantes, ceras, pinturas, vernices, sector da destilación, xabóns, cremas e outros produtos de cosmética.
  • Combustible:
    • Por cada litro de aceite tratado obtense practicamente un litro de biodiesel.
    • Obtense a partir de aceites vexetais usados. Non só a fonte é renovable, senón que reduce a produción dun residuo contaminante.
    • Non se considera responsable do aumento do efecto invernadoiro (CO2 xerado na súa utilización = CO2 fixado pola materia vexetal).
    • Emisións de compostos de xofre mínimos.
    • Durante a fabricación de biodiesel, xéranse subprodutos facilmente utilizables como a glicerina.
    • O aproveitamento enerxético do biodiesel contribúe á diversificación enerxética.

Recibindo un tratamento axeitado a través de novos produtos ou da súa valorización, pode supoñer un aforro enerxético e de materias primas.

Unha vez recollido o aceite sométese a diferentes procesos de decantado ou filtrado para extraer os sólidos procedentes das frituras. Tamén se extrae a auga (a través da centrifugación ou quentamento) e, por último, almacénase en cubas de alta capacidade. Unha vez feito isto, o residuo é transportado de novo en camións cisterna aos centros de transformación, onde se recicla para converterse en novos produtos.

usos_aceite_1
usos_aceite_2