981 154 080 visitas@edarbens.es

Proxecto social e ambiental

Proxecto social e ambiental

Coa iniciativa RecollEdar, a empresa pública Edar Bens SA, responsable da depuración das augas residuais da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, continúa a súa aposta pola divulgación de boas prácticas para a protección do medio.

A concienciación dos usuarios e a súa colaboración é clave para un mellor funcionamento dos servizos públicos, un uso racional dos recursos e unha xestión máis eficaz.

Ademais, parte dos puntos de recollida de aceite usado da iniciativa RecollEdar pertencen á rede de Mulleres Colleiteiras, un proxecto de inclusión social apoiado por Edar Bens SA dende os seus inicios, que ofrece traballo a mulleres en situación de exclusión.

Non só o aceite usado dificulta os procesos de depuración de augas residuais. Cumprindo unhas sinxelas normas de uso responsable da rede sanitaria podemos contribuír á protección do medio, o mellor funcionamento dos servizos públicos e o aforro de auga e enerxía.

  • Evita verter á rede sanitaria residuos sólidos non biodegradables como cabichas, compresas, tampóns e toalliñas hixiénicas, preservativos, tiras adhesivas, vendas e gasas, restos de fíos ou tecidos…
  • Non tires ao chan vasos ou botellas de plástico, palliñas, envoltorios… A choiva arrástraos á rede de sumidoiros.
  • Utiliza os procedementos axeitados para desfacerte de produtos potencialmente perigosos como pinturas, disolventes, lubricantes para maquinaria, anticonxelantes, produtos químicos de limpeza, pesticidas, etc. Infórmate dos procedementos que pon á túa disposición o teu concello para desbotalos.