Usos do aceite reciclado
As graxas e aceites, así como as súas diversas fraccións, ofrecen multitude de aplicacións no sector industrial, ademais de beneficios económicos e medioambientais.
- Agricultura: compostaxe.
- Industria: lubricantes, ceras, pinturas, vernices, sector da destilación, xabóns, cremas e outros produtos de cosmética.
- Combustible:
- Por cada litro de aceite tratado obtense practicamente un litro de biodiesel.
- Obtense a partir de aceites vexetais usados. Non só a fonte é renovable, senón que reduce a produción dun residuo contaminante.
- Non se considera responsable do aumento do efecto invernadoiro (CO2 xerado na súa utilización = CO2 fixado pola materia vexetal).
- Emisións de compostos de xofre mínimos.
- Durante a fabricación de biodiesel, xéranse subprodutos facilmente utilizables como a glicerina.
- O aproveitamento enerxético do biodiesel contribúe á diversificación enerxética.
Recibindo un tratamento axeitado a través de novos produtos ou da súa valorización, pode supoñer un aforro enerxético e de materias primas.
Unha vez recollido o aceite sométese a diferentes procesos de decantado ou filtrado para extraer os sólidos procedentes das frituras. Tamén se extrae a auga (a través da centrifugación ou quentamento) e, por último, almacénase en cubas de alta capacidade. Unha vez feito isto, o residuo é transportado de novo en camións cisterna aos centros de transformación, onde se recicla para converterse en novos produtos.
Edar Bens, S.A.






